ROTEIRO POR CHANTADA 26-03-2017

Agardámoste no vindeiro roteiro por Chantada, terra de vides, adegas e batuxos (barcas de paso).

Ver cartel

Publicado en Sen clasificar | Deixa un comentario

ROTEIRO POLAS FRAGAS DO EUME

Agardámoste o vindeiro 19 de febreiro para percorrer con nós as fermosas paisaxes do Parque Natural das Fragas do Eume. Tamén teremos oportunidade para visitar algúns elementos etnográficos da contorna.

Ver cartel

Cómpre das as grazas ao membros da Asociación Roxín Roxal polo ben que nos tiñan preparado este roteiro polas Fragas do Eume. Hai que agradecer tamén ao Mestre Secundino a paixón coa que nos amosou algúns dos elementos patrimonias cos que conta o Concello da Capela: “Parque etnográfico do Río Sesín”, “Casa do Pazo” e “Escola de Gutriz”. Persoas como Secundino representan unha gran riqueza para calquera pobo.       Se hai que porlle unha pega ao roteiro,  foi a falta de tempo para asimilar toda a información recibida, tanto visualmente como oralmente.  A Capela é, sen dúbida, un lugar ao que hai que voltar…

Ver fotos

Ver máis fotos

 

Publicado en Sen clasificar | Deixa un comentario

ROTEIRO MONTE CUBEIRO-BARREDO – CASTRO VERDE / “OS PENDELLOS DA FEIRA”

Dentro do programa “Recuperando o Noso”, o domingo 22 de xaneiro terá lugar un roteiro por Castro Verde no que principiaremos a xornada no campo da feira  visitando os seus singulares e ben conservados  ” Pendellos”. Posteriormente realizaremos a ruta Monte Cubeiro-Barredo. Contamos con vós.

VER CARTEL

Ver algunhas fotos

Publicado en Sen clasificar | Deixa un comentario

ROTEIRO “O BERCE DO MIÑO-PEDREGAL DE IRIMIA”

Agardámoste o vindeiro domingo 18 de decembro para realizar a Ruta Miño-Eo que descorrerá pola Serra de Meira e terá o seu inicio no Pedregal de Irimia,  lugar singular e berce do río Miño.

Ver cartel

Ver fotos A demora en “colgar” as fotos no foi responsabilidade dos fotógrafos/as, senón dun fallo técnico en blogaliza e tamén das “ocupacións festivas” da administradora do blog.

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en ROTEIRO “O BERCE DO MIÑO-PEDREGAL DE IRIMIA”

ROTEIRO POR PALAS DE REI E AGOLADA 13-11-2017

Ver cartel

Ver fotos

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en ROTEIRO POR PALAS DE REI E AGOLADA 13-11-2017

ROTEIRO POLO COUREL 30-10-2016

Dámosche conta do Programa de Roteiros de ADEGA-Lugo para este ciclo de andainas 2016-2017, que este ano leva por título “Recuperando O Noso”. Visitaremos lugares, iniciativas ou proxectos que buscan a recuperación do noso patrimonio natural, cultural, patrimonial, etnográfico, etc.

Lembra que para participar debes incribirte previamente por mail, enviando os teus datos (nome, apelidos e tfno de contacto) a adegalugo@adega.gal ou chamando aos teléfonos 982240299 ou 679 113 718.

O primeiro roteiro será á Serra do Courel o vindeiro 30 de outubro, no que celebraremos o tradicional magosto.

Anímate a participar!

Ver cartel

Ver fotos

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en ROTEIRO POLO COUREL 30-10-2016

ROTEIRO ARQUEOLÓXICO POLO BARBANZA 12-06-2016

Remataremos  a campaña dos roteiros “Memoria Pétrea” desprazándonos ao  Barbanza, lugar moi rico no que respecta a elementos arqueolóxicos.  O roterio permitiranos visitar algúns petrólifos, o dolmen de Axeitos, o Castro de Baroña, etc. Ver cartel

AVISO: a saída para o roteiro terá lugar ás 8 da maña, dende o lugar de costume (Avda. de Ramón Ferreiro, Facultade de Formación do Profesorado).

Ver algunhas fotos.

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en ROTEIRO ARQUEOLÓXICO POLO BARBANZA 12-06-2016

ROTEIRO POLO CASTRO DE ESPASANTE (ORTIGUEIRA)

Esperámoste neste roteiro por terras de Ortigueira. Ver cartel

AVISO: o roteiro de xuño estaba previsto para o domingo 26 pero, por mor das Eleccións e do “Arde Lucus”, ìmolo facer o domingo 12.  Poderédesvos anotar unha vez que publiquemos o correspondente cartel.

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en ROTEIRO POLO CASTRO DE ESPASANTE (ORTIGUEIRA)

ROTEIRO POLA COSTA DE LUGO. CASTRO DE FAZOURO. 17 DE ABRIL DE 2016

Continuando cos roteiros da campaña “Memoria Pétrea”, visitaremos o Castro de Fazouro e aproveitaremos tamén para coñecer outros lugares de interese da costa de Lugo.           Ver cartel do roteiro                   Ver fotos   Ver máis fotos

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en ROTEIRO POLA COSTA DE LUGO. CASTRO DE FAZOURO. 17 DE ABRIL DE 2016

ROTEIRO POR TERRAS DE CERVANTES 13-03-2016

Dentro da campaña de roteiros “Memoria Pétrea”, o vindeiro 13 de marzo teremos ocasión de coñecer dous dos elementos máis emblemáticos dos Ancares: O Castro de Santa María de Cervantes e o Castelo de Doiras. CONTAMOS CON VÓS.

VER CARTEL  VER FOTOS   VER  MÁIS FOTOS  OUTRAS FOTOS  MÁISSS FOTOS           Os diferentes grupos de fotos foron enviados por varios participantes no roteiro. Grazas a todos/as.

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en ROTEIRO POR TERRAS DE CERVANTES 13-03-2016